De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, 1ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Ourense, 17 de marzo de 2014
José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: CAZ-OU-02/2014-V.
Interesado: José Manuel Gelpi Paz.
Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.
Expediente: PES-OU-11/2014-V.
Interesado: Laurentiu Nicu Miron.
Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.
Expediente: PES-OU-235/2013-V.
Interesado: Aron Nicolae Adrian.
Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.