De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo que se achega a cancelación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
O expediente relacionado atópase á disposición das interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, nº 79, 2º, 32003 Ourense.
De acordo co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
Ourense, 14 de marzo de 2014
Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente: OU-PF-110/2012.
Interesado: Facundo Cao Bacigalupe.
Pasaporte nº: B928498.
Enderezo: rúa Eulogio Gómez Franqueira, nº 17, 2º C, Ourense.