Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1210/2011 por instancia de María Tania Pose Suárez contra a empresa Katedra Profesional, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 28.2.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Resolución:
Estímase a demanda formulada por María Tania Pose Suárez fronte a Katedra Profesional, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Katedra Profesional, S.L. a aboar á demandante a cantidade de dous mil seiscentos cincuenta e dous euros con cincuenta e cinco céntimos de euro (2.652,55 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.
Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Katedra Profesional, S.L. expido e asino a presente.
A Coruña, 13 de marzo de 2014
A secretaria xudicial