O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria do 27 de febreiro de 2014, aprobou inicialmente a addenda nº 12 ao inventario de camiños mediante acordo que ten o seguinte contido literal:
«1º) Aprobar inicialmente addenda ao inventario de camiños municipais n° 12 en núcleos rurais, redactado por Lagares Ingeniería, S.L., co seguinte contido:
– Alta e incorporación do camiño parcela 9040 do polígono 37 en Chenlo.
– Baixa, eliminación e modificación da lonxitude do camiño inventariado co número 309 na Pereira (Torneiros).
– Alta e incorporación do camiño parcela 9018 do polígono 36 nas Madorras (Mosende).
2°) Someter o expediente a exposición pública por un prazo de trinta días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello».
O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que consideren convenientes no prazo de 30 días, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.
O Porriño, 4 de marzo de 2014
José Nelson Santos Argibay
Alcalde