Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15070

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (1032/2012).

Pilar Sández González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, anuncio que neste procedemento, seguido por instancia de Manuel José Bárcena Fernández-Angulo fronte a Felipe Bárcena Varela Lima e outros, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Vigo, 5 de decembro de 2013.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, os autos de xuízo ordinario nº 1032/2012, promovidos por Manuel José Bárcena Fernández-Angulo, representado pola procuradora dos tribunais Victoria Soñora Álvarez e asistido polo letrado Juan J. Yarza Urquiza, contra Felipe Bárcena Varela de Limia, Obdulia Bárcena Varela de Limia, Mª de la Concepción Bárcena Varela de Limia, Mª Isabel Bárcena Varela de Limia, Alfredo Carlos Bárcena Varela de Limia, Luis Bárcena de Castro, Francisco González-Cela Pardo, Mª del Pilar González-Cela de Cominges, Mª Teresa Bárcena Varela de Limia, Rafael Sempau Bárcena, Manuel Sempau Bárcena, Mª Amparo Sempau Bárcena, Obdulia Mª Velázquez-Gaztelu Bárcena, Mª del Pilar Obdulia Bárcena Portolés, Mª Teresa Velázquez-Gaztelu Bárcena, Mª del Carmen Velázquez-Gaztelu Bárcena, Alberto Rafael Ortega Velázquez-Gaztelu, Mª Rocío Ortega Velázquez-Gaztelu, Jorge Ángel Ortega Velázquez-Gaztelu, Mª Cristina Ortega Velázquez-Gaztelu, Mª Concepción Fernández de Angulo Losada, Lourdes Bárcena Fernández de Angulo, Aniana Clotilde Bárcena Fernández de Angulo, Mª Concepción Bárcena Fernández de Angulo, Mª del Carmen Bada Olaran, Manuel Bada Olaran, Mª Gloria Barrena Artalejo, María Bada de Cominges, Almudena Bada de Cominges, Gustavo Bada de Cominges, Mª Belén Bada de Cominges, Francisco de Asís Bada de Cominges, Manuel de Cominges Bárcena, Carlos de Cominges Bárcena, Francisco Javier González-Cela de Cominges, Marta González-Cela de Cominges, Ignacio González-Cela de Cominges, Juan Bosco González-Cela de Cominges, José González-Cela de Cominges, Alfredo de Cominges Bárcena, Mª del Carmen Bárcena Varela de Limia, Mª Amparo Bada de Cominges, José Bada de Cominges, Bárbara Bada Barrena, todos eles representados pola procuradora dos tribunais Mª Paz Barreras Vázquez e asistidos polo letrado Santiago García de la Peña Calderón, e contra Carlos Bárcena Portolés, representado polo procurador dos tribunais José Fernández González e asistido polo letrado Andrés Salto González, e contra os descoñecidos e incertos herdeiros de Manuel Bárcena de Castro, en rebeldía procesual, autos dos cales resultan os seguintes:

Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Manuel José Bárcena Fernández-Angulo, representado pola procuradora dos tribunais Victoria Soñora Álvarez, contra Felipe Bárcena Varela de Limia, Obdulia Bárcena Varela de Limia, Mª de la Concepción Bárcena Varela de Limia, Mª Isabel Bárcena Varela de Limia, Alfredo Carlos Bárcena Varela de Limia, Luis Bárcena de Castro, Francisco González-Cela Pardo, Mª del Pilar González-Cela de Cominges, Mª Teresa Bárcena Varela de Limia, Rafael Sempau Bárcena, Manuel Sempau Bárcena, Mª Amparo Sempau Bárcena, Obdulia Mª Velázquez-Gaztelu Bárcena, Mª del Pilar Obdulia Bárcena Portolés, Mª Teresa Velázquez-Gaztelu Bárcena, Mª del Carmen Velázquez-Gaztelu Bárcena, Alberto Rafael Ortega Velázquez-Gaztelu, Mª Rocío Ortega Velázquez-Gaztelu, Jorge Ángel Ortega Velázquez-Gaztelu, Mª Cristina Ortega Velázquez-Gaztelu, Mª Concepción Fernández de Angulo Losada, Lourdes Bárcena Fernández de Angulo, Aniana Clotilde Bárcena Fernández de Angulo, Mª Concepción Bárcena Fernández de Angulo, Mª del Carmen Bada Olaran, Manuel Bada Olaran, Mª Gloria Barrena Artalejo, María Bada de Cominges, Almudena Bada de Cominges, Gustavo Bada de Cominges, Mª Belén Bada de Cominges, Francisco de Asís Bada de Cominges, Manuel de Cominges Bárcena, Carlos de Cominges Bárcena, Francisco Javier González-Cela de Cominges, Marta González-Cela de Cominges, Ignacio González-Cela de Cominges, Juan Bosco González-Cela de Cominges, José González-Cela de Cominges, Alfredo de Cominges Bárcena, Mª del Carmen Bárcena Varela de Limia, Mª Amparo Bada de Cominges, José Bada de Cominges, Bárbara Bada Barrena, todos eles representados pola procuradora dos tribunais Mª Paz Barreras Vázquez, e contra Carlos Bárcena Portolés, representado polo procurador dos tribunais José Fernández González, e contra os descoñecidos e incertos herdeiros de Manuel Bárcena de Castro, en rebeldía procesual, e en consecuencia:

1. Declaro que Manuel Bárcena de Castro, antes do seu falecemento, cedeu inter vivos á súa nai, Obdulia de Castro Montenegro, a participación que posuía do 6,796590 % en proindiviso e pleno dominio do predio urbano denominado «Depósito y Camino», sita no barrio de Peniche de Vigo, inscrita no Rexistro da Propiedade nº 5 desta cidade, como predio nº 8.154, no tomo 1044 e 1411, libro 44 e 1411, folio 240 e 211, aumentando por iso na dita porcentaxe a do 22,355600 % que figura inscrita a nome da cesionaria.

2. Declaro que Alfredo Bárcena de Castro transmitiu no momento do seu falecemento, por sucesión mortis causa, en estado de solteiro e sen descendencia, á súa nai, Obdulia de Castro Montenegro, a participación do 8,758170 % en proindiviso e pleno dominio que tamén posuía no citado predio urbano «Depósito y Camino», aumentando igualmente na dita porcentaxe a que figura inscrita a nome dela.

3. Declaro que Adolfo Bárcena de Castro, transmitiu no momento do seu falecemento, por sucesión mortis causa baixo testamento aberto, a favor da súa nai, Obdulia de Castro Montenegro, o 3,419892 % segundo expresa disposición testamentaria, aumentando igualmente na dita porcentaxe a que figura inscrita a nome dela.

4. Declaro que a cota de participación en proindiviso e pleno dominio que corresponde no mencionado predio urbano «Depósito y Camino» a Obdulia de Castro Montenegro, ascende á suma da porcentaxe que xa figura inscrita de 22,355600 %, máis a cota de 6,796590 % cedida inter vivos polo seu fillo premorto Manuel Bárcena de Castro, máis a cota de 8,758170 % transmitida mortis causa no momento do falecemento abintestato do seu fillo premorto Alfredo Bárcena de Castro, e máis a cota de 3,419892 % transmitida mortis causa por disposición testamentaria no momento do falecemento do seu fillo tamén premorto Adolfo Bárcena de Castro, isto é, a suma total de 41,330252 %, e declaro procedente que se reflicta esta porcentaxe no asento respectivo do Rexistro da Propiedade.

5. Declaro que Manuel Bárcena de Castro, non posúe ningunha cota de participación en pleno dominio e proindiviso nin baixo ningún outro concepto no predio urbano «Depósito y Camino», xa que llo transmitiu inter vivos á súa nai, Obdulia de Castro Montenegro; así como que Alfredo Bárcena de Castro tampouco non posúe ningunha cota de participación en pleno dominio e proindiviso nin baixo ningún outro concepto, no predio urbano citado xa que lla transmitiu integramente mortis causa á súa mencionada nai; e que Adolfo Bárcena de Castro reduce a súa cota de participación no expresado predio a 3,419892 % por lle ter transmitido por disposición testamentaria o resto ata a cota que figura na inscrición rexistral tamén á súa expresada nai.

6. Declaro que os gastos ou custas do procedemento e as actuacións e os honorarios que se devindiquen pola nova inscrición rexistral corresponden ás partes de modo proporcional aos seus respectivos dereitos no predio urbano en cuestión.

Non se efectúa imposición de custas procesuais.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e fronte a ela cabe interpor, no prazo de vinte días, recurso de apelación ante este xulgado, do que coñecerá, de ser o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose os demandados, ignorados e descoñecidos herdeiros de Manuel Bárcena de Castro, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vigo, 21 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial