Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 25 de marzo de 2014, da Área de Recadación, polo que se relaciona reintegro de execución de avais do Instituto Galego de Promoción Económica pendentes de notificar e se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia (Granitesa, S.A.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase reintegro de execución de avais do Igape pendente de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázase a interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza, 8 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2014

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesada

CIF

Enderezo

Liquidación

Importe

Granitesa, S.A.

A36281954

Polg. industrial A Cañiza, s/n

36880 A Cañiza, Pontevedra

500140000144

2.268.000,00 €