Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Lunes, 7 de abril de 2014 Pág. 15592

VI. Anuncios

b) Administración local

Ayuntamiento de Monterroso

ANUNCIO de información pública sobre la aprobación inicial del Plan especial de protección del casco histórico de la villa de Monterroso.

Aprobado inicialmente o Plan especial de protección do núcleo histórico da vila de Monterroso, por Acordo do Pleno do Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 6 de marzo de 2014, de conformidade co artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, acordouse suspender o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento coas novas determinacións que supoñan a modificación de ordenación urbanística vixente. A duración máxima da suspensión é de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

O réxime desta suspensión será o seguinte: establécense tres ámbitos diferenciados, en función das ordenanzas de regulación que se propoñen: rural tradicional, urbana e rural nova.

Os modos de intervención que se autorizan en cada zona son os seguintes:

A. Nas edificacións coa ordenanza de vivenda rural tradicional (RT). Admítense os seguintes tipos de obras:

Obras de rehabilitación:

– As de adecuación estrutural e as de adecuación funcional.

– A obras de remodelación exclusivamente na súa categoría de vivenda e non as de edificio.

Está prohibido o resto de modos de intervención.

B. Nas edificacións coa ordenanza de vivenda urbana (U). Diferéncianse dúas situacións:

a) Edificios que non están fóra de ordenación parcial, nos cales se admiten exclusivamente os seguintes tipos de obras:

– Obras de rehabilitación:

– As de adecuación estrutural e as de adecuación funcional.

As obras de remodelación exclusivamente na súa categoría de vivenda e non as de edificio.

Está prohibido o resto de modos de intervención.

b) Nos edificios parcialmente fóra de ordenación.

– Permítense exclusivamente, dentro das obras de rehabilitación, as obras de remodelación de vivenda.

Está prohibido o resto de modos de intervención.

C. Nos ámbitos sinalados coa ordenanza vivenda rural nova (RN).

Na maior parte trátase de solos sen edificación e, na maior parte dos casos, suxeitos á execución compartida de obras de urbanización, polo que non se admite ningún tipo de intervención.

Por iso non se admite ningún modo de intervención sobre as escasas edificacións situadas neles.

D. Outros elementos. Ademais do réxime descrito para as edificacións, con carácter xeral non se admite demolición ningunha dos muros sinalados no plano de ordenación como Muros que cómpre protexer.

Monterroso, 17 de marzo de 2014

Antonio Edelmiro Gato Soengas
Alcalde