Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 11 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores LU-25/2013 e LU-13/2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992 do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.

A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, edificio administrativo sito na avda. de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 11 de marzo de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: E.S. LU-25/2013.

Interesado: Jesús López Fernández.

Último enderezo coñecido: Calzada das Gándaras, 36-2º B, Lugo.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.

Expediente: E.S. LU-13/2013.

Interesada: Angelina Piñeiroa Palmeiro.

Último enderezo coñecido: rúa Vila, 3-2º D, Barreiros.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.