Unha vez presentada a renuncia do vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala biólogos/as, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013 (DOG número 122, do 28 de xuño), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Ricardo Arnáiz Ibarrondo como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala biólogos/as.
Segundo. Nomear no seu lugar como vogal suplente do dito tribunal a Asunción Martín Azpiazu, funcionaria pertencente ao corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda