Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2014, do Servizo de Infraestruturas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras, declaradas de emerxencia, para a estabilización do noiro da AC-550 ao seu paso polo concello de Muros (puntos quilométricos do 38+000 ao 39+500).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 20 de febreiro de 2014, a Xunta de Galicia procedeu á declaración da utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra mediante Decreto 23/2014, publicado no Diario Oficial de Galicia do 4 de marzo de 2014.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Muros para que comparezan nos lugares, nas datas e horas que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas previas ás ocupacións, en que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o seu valor e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios, se o consideran necesario.

Termo municipal de Muros.

Lugar: Casa do Concello de Muros.

Data: 22 de abril de 2014, das 10.00 ata as 12.00 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estará exposta no Concello de Muros e no Servizo de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer nº 2, 8ª planta).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achegarán os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade e o último recibo da contribución; tamén poden facerse acompañar, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer nº 2, 8ª planta), as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Así mesmo, comunícase que deberán comparecer ao acto coas escrituras de propiedade dos predios e o documento nacional de identidade.

A Coruña, 13 de marzo de 2014

Antonio López Blanco
Xefe do Servizo de Infraestruturas da Coruña