Presentadas renuncias por José Ángel Carrillo Presedo e por José Antonio Burés Liñares, como vogal titular e vogal suplente do tribunal cualificador do proceso selectivo convocado pola Resolución reitoral do día 26 de setembro de 2013 para cubrir dúas prazas vacantes da categoría profesional de técnico/a especialista en instalacións, publicado no Diario Oficial de Galicia do 16 de outubro de 2013, o reitor
resolve:
Primeiro. Aceptar as renuncias de José Ángel Carrillo Presedo como vogal titular e de José Antonio Burés Liñares como vogal suplente do dito tribunal.
Segundo. Nomear a Luis Miguel Varela Cabo, profesor titular de universidade da USC, como vogal titular e a José Manuel Sánchez de Santos, profesor contratado doutor da USC, como vogal suplente do tribunal.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que ditou a resolución. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014
Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela