Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 15966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se concede autorización a Laboratorios Tecnológicos de Levante, S.L. para actuar como organismo de control.

Examinada a solicitude de autorización presentada por Reyes Moril Jordá como responsable de calidade e ambiente, en nome de Laboratorios Tecnológicos de Levante, S.L., con CIF B-97732754, con sede en r/ Benjamín Franklin, 16 (Parque Tecnolóxico) 46980 Paterna (Valencia), para actuar como organismo de control, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ten en consideración os seguintes

Feitos:

Primeiro. Laboratorios Tecnológicos de Levante, S.L. foi acreditada por ENAC, Entidade Nacional de Acreditación, para as actividades de Inspección na Área Ambiental, segundo os criterios recollidos na Norma UNE-EN ISO/IEC 17020, tal e como consta no certificado de acreditación nº 159/EI420 do 28.5.2010 (anexo técnico revisión 5); e segundo os criterios recollidos na Norma UNE-EN ISO/IEC 17025, para as actividades de Ensaios no Sector Ambiental segundo o certificado nº 121/LE1782 do 28.5.2010 (anexo técnico revisión 5) e Ensaios en Acústica segundo o certificado nº 121/LE1806 do 19.9.2011 (anexo técnico revisión 3); con vixencia ata notificación en contra en todos os casos.

Segundo. Con data do 11 de febreiro de 2014, Reyes Moril Jordá, como responsable de calidade e ambiente, en nome de Laboratorios Tecnológicos de Levante, S.L., presentou escrito en que solicitaba, ao abeiro do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de infraestruturas de calidade e seguridade industrial, que se lle concedese a autorización para actuar como organismo de control, nos ámbitos regulamentarios solicitados. Para tal efecto, xuntaba a documentación exixida no artigo 43.3 do citado real decreto.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Esta secretaría xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de Autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril), nos reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto), e 2536/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro), e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro), e do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo), e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para la calidade e a seguridade industrial, e demais lexislación concordante.

Segundo. Na tramitación deste expediente cumpríronse todos os requisitos regulamentarios.

Terceiro. A documentación presentada por Laboratorios Tecnológicos de Levante, S.L. acredita que a empresa cumpre coas exixencias xerais establecidas no artigo 43.3 do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a Laboratorios Tecnológicos de Levante, S.L., para actuar como organismo de control para as actividades de:

– Inspección en: augas residuais, augas continentais superficiais, augas continentais subterráneas e augas mariñas.

– Ensaios acústicos: ruído ambiental, edificios e elementos construtivos, locais e recintos.

– Ensaios en análises fisicoquímicas: augas continentais, augas residuais, augas mariñas, lixiviados, solos, sedimentos, residuos sólidos, lodos, biota, foliares e materiais de construción.

– Ensaios en análises microbiolóxicas: augas continentais, augas residuais, augas mariñas, solos, sedimentos, residuos sólidos, lodos e placas de contacto.

– Ensaios en análises biolóxicas: ríos vadeables, lagos, embalses, zonas húmidas e cursos de auga.

– Toma de mostras: augas continentais, augas residuais, augas mariñas, ríos vadeables, lagos, embalses, zonas húmidas, cursos de auga, solos, sedimentos, residuos sólidos, lodos e superficies.

2. Esta autorización ten un período de vixencia ata notificación en contra, e pode ser suspendida ou revogada ademais de nos casos previstos na lexislación vixente, cando o sexan as citadas acreditacións de ENAC.

3. Laboratorios Tecnológicos de Levante, S.L., queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e período de vixencia establecidos nos puntos primeiro e segundo, respectivamente, debendo, en calquera caso, notificar á Administración competente da comunidade autónoma distinta da que o autorizou o inicio da súa actividade.

4. Esta autorización queda supeditada ás seguintes condicións:

1. Comunicar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ao día seguinte de producirse calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, xuntando, se é o caso, informe ou certificado da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).

2. Cumprir o establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3. Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumprir os requisitos suplementarios que no seu día poida establecer a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental