Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 15972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 24 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos administrativos devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente RA/VI/2012/00501 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas nos recursos de alzada devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as devanditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo sinalado no anexo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Núm. recurso

Núm. expediente

Recorrente/interesado

Resolución
do recurso

Recurso contencioso-administrativo perante o:

RA/VI/2012/00501

Credencial 58828

Enma Elena García Martín

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra

RA/VI/2012/00506

Credencial 60090

Alejandra Inés Puppo Ochoa

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra