Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 16003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas dúas procedencias de reintegro de axudas e subvencións ao programa de incentivos á contratación indefinida de parados de longa duración, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR347I 2009/5-2 e TR347I 2009/14-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle aos interesados o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que os asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 10 de marzo de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR347I 2009/5-2.

Nome: Limpiezas Magdaleno Morillas e Hijos, S.L.

DNI/NIF: B-27287861.

Último enderezo coñecido: rúa Francisco Moure, 65, át. H, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo o traballador contratado ao abeiro desta orde por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 15.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347I 2009/14-2.

Nome: Mª Carmen Galván González.

DNI/NIF: 33845602-K.

Último enderezo coñecido: rúa Castelao, 78, 4º esquerda, 27001 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo o traballador contratado ao abeiro desta orde por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 15.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: procedencia de reintegro.