Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 16014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a aprobación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Val-Bermés-Sello (Lalín, Pontevedra) a varios propietarios.

De conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Notificar aos propietarios cuxo domicilio é descoñecido ou, aos cales, unha vez intentada a notificación, non se puido efectuar, a aprobación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Val-Bermés-Sello (Lalín, Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 208/2008, do 4 de setembro (DOG núm. 181, do 18 de setembro).

Primeiro. A xunta local da zona de Val-Bermés-Sello, na súa reunión do día 23 de agosto de 2011, aprobou as bases definitivas da dita zona, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado das alegacións presentadas.

Segundo. As mencionadas bases definitivas estarán expostas ao público na Casa do Concello de Lalín (Lalín, Pontevedra) e nos lugares de costume da zona durante o período de interposición de recursos, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Terceiro. As persoas interesadas poderán interpoñer, por si mesmas ou por representación, recurso de alzada contra estas bases ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, dentro do prazo de trinta días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os recursos poderanse presentar no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Pontevedra, sito na rúa Fernández Ladreda, 43; no Rexistro Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 24 de marzo de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Propietario

Apelidos

Nome

231

Fuentes Barreiro

María del Carmen

653

Mate Sobrado

David

706

Vázquez Costa

Javier

713

Vázquez Fuentes

Felipe

718

Vázquez Montoto

José Luis