Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 16040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza unha propietaria para ser notificada por comparecencia, na resolución de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de San Miguel de Couso (Coristanco-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase á interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 20 de marzo de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: Resolución do 17 de decembro de 2013 de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de San Miguel de Couso (Coristanco-A Coruña)

Interesada: Carmen Rodríguez Martínez.