Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 15941

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo

EDICTO (442/2013).

Eu, María de la Concepción Albés Blanco, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo, polo presente,

Anuncio:

Neste procedemento ordinario 442/2013, seguido por instancia de Marina Davila Sport, S.L. fronte a Pablo Etelvino Rodríguez Peña e Pablo Rodríguez Vázquez, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Susana Álvarez García, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 8 dos de Vigo, viu os autos sinalados co número 442/2013, seguidos polos trámites do xuízo ordinario por instancia de Marina Davila Sport, S.L., representada pola procuradora Isabel Domínguez Quintas e asistida do letrado Ricardo Vidal Sampedro, contra Pablo Rodríguez Peña e Pablo Manuel Rodríguez Vázquez, en rebeldía, e dita a seguinte resolución:

Que, estimando a demanda formulada en autos de xuízo ordinario 422/2013 pola procuradora Isabel Domínguez Quintas, en nome e representación de Marina Davila Sport, S.L. contra Pablo Rodríguez Peña e Pablo Manuel Rodríguez Vázquez, sobre incumprimento contractual, debo condenar e condeno os demandados a lle aboaren solidariamente á demandante a suma de seis mil setecentos trinta e dous euros con corenta e nove céntimos (6.732,49 €), incrementada co xuro legal do diñeiro desde a data da interposición da demanda, e con condena en custas dos demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de vinte (20) días a partir da súa notificación (artigo 458.1 da Lei de axuizamento civil), logo de depósito da suma de 50 € na conta de depósitos e consignacións do xulgado.

Únase esta resolución ao libro da súa clase e déixese nos autos testemuño dela.

Así, por esta miña sentenza, resolvendo en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo en Vigo o 17 de decembro de 2013.

E atopándose os ditos demandados, Pablo Etelvino Rodríguez Peña e Pablo Rodríguez Vázquez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vigo, 12 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial