Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013143TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

O 26 de febreiro de 2014, a xefa territorial de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador 2013143TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Julia Nieto Ferreiro.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Julia Nieto Ferreiro o contido da dita resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, nº 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 17 de marzo de 2014

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2013143TA-LU.

Denunciada: Julia Nieto Ferreiro.

DNI: 43457521X.

Último enderezo coñecido: lugar de Rigueira, nº 5, 27287 A Pastoriza (Lugo).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Resolución: declaración de non existencia de responsabilidade e arquivamento do expediente.