Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da decisión de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias para cambiar a cualificación urbanística dun soar do polígono industrial de Sabón, concello de Arteixo, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Faise pública a Decisión do 4 de marzo de 2014 de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias para cambiar a cualificación urbanística dun soar do polígono industrial de Sabón, no concello de Arteixo, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da devandita lei.

Esta decisión pódese consultar no enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1620/2014.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental