Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Padrón (expediente IN408A 2013/3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedade Agrícola Gallega, S.L.

Domicilio social: parque empresarial Vilanova, 1, vía C; quinteiro nº 4, parcela 1, Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Denominación: centro seccionamento tipo 3L para adecuación de instalacións de coxeración a tipo todo-todo.

Situación: Padrón.

Características técnicas:

Caseta prefabricada de formigón, módulo compacto Siemens ou similar 3L de 20 kV e 400 A.

Intercalarase este centro de seccionamento na actual liña desde a transición aéreo-subterránea, conectando a coxeración a unha das celas de saída e o transfomador de fábrica proxectado á outra saída.

Transformador de 400 kVA cunha relación de transformación 20/0.4 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de decembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña