Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 193/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMT, CT Infesta I.

Situación: concello de Betanzos.

Características técnicas:

Reforma da liña de media tensión aérea (LMTA), tramo entre a derivada ao CR Arxentina (expediente 50.876) e a derivada a CT particular Cía Española de Viños, S.A., a 15/20 kV, coa orixe no apoio nº 12 existente e final no apoio nº 14 existente e unha lonxitude de 0,100 km, consistente na substitución do condutor existente por outro do mesmo tipo LA 110/116,2 mm², e instalación dun novo apoio nº 13 en substitución do existente.

Liña de media tensión soterrada (LMTS) a CT Infesta I, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,029 km, en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado para realizar no apoio nº 13 proxectado da liña de media tensión aérea (LMTA), tramo entre a derivada ao CR Arxentina (expediente 50.876) e a derivada a CT particular Cía Española de Vinos, S.A, e final no CT Infesta I que se vai reformar (expediente 26.620).

Reforma centro de transformación (CT) non prefabricado Infesta I (expediente 26.620), coa instalación dun compacto de manobra exterior 2L+1P cun transformador de potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15/0,40-0,23 kV, e reparación da caseta de obra civil existente, así como eliminación do paso aéreo-soterrado existente na fachada da caseta, correspondente á liña de media tensión soterrada que alimenta ó CS Cascas s/n (expediente IN407A 2008/589), conectándose a dita liña a unha das saídas do novo CT compacto que se vai instalar.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir do día seguinte á data de publicación desta resolución.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 14 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña