Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas, actuación cofinanciada polo Fondo Social Europeo nun 80 %, no eixo 3, tema prioritario 72 (expediente 49/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas, 2 lotes.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19600

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 191, do 7 de outubro de 2013.

e) División por lotes e número: 2 lotes.

Lote 1: servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de profesionalidade.

Lote 2: servizos formativos para impartir cursos non regrados de mergullo profesional.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Lote 1. Importe neto: 609.440 € (exento de IVE).

Lote 2. Importe neto: 129.589,15 € (exento de IVE).

Valor estimado total: 739.029,15 €

5. Adxudicación e formalización do contrato:

Lote 1:

a) Data da resolución de adxudicación: 18 de marzo de 2014.

b) Adxudicatario: Centro de Estudios de Formación Alfer, S.L.

c) Importe: 552.326,00 € (exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 20 de marzo de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, ao obter a maior puntuación no procedemento.

Lote 2:

a) Data da resolución de adxudicación: 18 de marzo de 2014.

b) Adxudicatario: Trabajos y Mantenimientos de Estructuras Sumergidas, S.L.U.

c) Importe: 99.779,00 € (exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 21 de marzo de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, ao obter a maior puntuación no procedemento.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar