Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2014 pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de montaxe, desmontaxe de estructuras e elementos, produción de mobiliario adicional, colocación e desmontaxe das obras de arte e limpeza da obra da exposición Peregrino e novo apóstolo. San Francisco de Asís no Camiño de Santiago que se celebrará no colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia de Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: servizo de montaxe, desmontaxe de estruturas e elementos, produción de mobiliario adicional, colocación e desmontaxe das obras de arte e limpeza da obra da exposición Peregrino e novo apóstolo. San Francisco de Asís no Camiño de Santiago que se celebrará no colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado.

Prazo de execución: o período do contrato comprende desde a sinatura do contrato ata o 31 de agosto de 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 63.000,00 euros.

IVE (21%): 13.230,00 euros.

Importe total: 76.230,00 euros.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia de Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20236

Información de índole técnica; teléfono 981 55 73 40.

Información de índole administrativa; teléfono 981 54 74 99.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia de Turismo de Galicia, praza de Mazarelos, 15,15703 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobre B e C terá lugar na Sala de Xuntas da Axencia de Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Axencia Turismo de Galicia