Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014036TA-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 4 de febreiro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2014036TA-OU a Pub Chaman Blues, CIF B32333411, con domicilio na rúa Constitución, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Pub Chaman Blues o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 18 de marzo de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador 2014036TA-OU.

Denunciado: Pub Chaman Blues.

DNI/NIF/CIF: B32333411.

Último enderezo coñecido: rúa Constitución, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).