Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16541

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 24 de marzo de 2014 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as.

Unha vez presentada a renuncia do presidente titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por José Ángel Riva Cabanas como presidente titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as.

Segundo. Nomear no seu lugar como presidente titular do dito tribunal a Fernando García-Fente Varela, funcionario pertencente ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquitectos/as.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda