No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto nos artigos 71 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, LRXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, cos requirimentos de documentación nos procedementos instados polos/as interesados/as, publícase mediante este edicto de conformidade co disposto no artigo 61 da LRXAP-PAC para que, no prazo de 10 días contados desde a data seguinte á da publicación deste edicto, presenten a documentación requirida, nas dependencias da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar de Vigo (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1ª planta); advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados/as para os efectos que se sinalan ao pé do presente edicto.
Vigo, 20 de marzo de 2014
María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
| Nome e apelidos | DNI/NIE | Núm. expediente | 
| José A. Collazo Davila | 36138312E | 36057/0230/13-E | 
| Marielly Christ dos Santos s/s | X7373605N | 36057/0020/11-R | 
| Víctor Gil López | 77407651R | 36024/0056/13-E | 
| Andrew John Hyland s/s | X6337167T | 36057/1059/11-R | 
| Abdenbi Laouane s/s | X5446015Y | 36026/0006/13-R | 
| Juan Carlos Maceira Sánchez | 36154320E | 36057/0598/11-R | 
| Abdellah Oublekhir s/s | X8487976X | 36017/0017/13-E | 
| Lesly Cristina Peña Gonzales | X5658050G | 36057/1103/11-R | 
| Virgilio Adrián Viera Aquino | 54231103R | 36057/0368/12-R | 
Efectos por non acreditar a documentación requirida:
– Procederase á extinción da prestación concedida, de conformidade co artigo 32.1.c), en relación co artigo 23 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social (DOG número 191, do 3 de outubro), parcialmente modificada pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro (DOG número 36, do 22 de febreiro), e pola Lei 16/2004, do 29 de decembro (DOG número 254, do 31 de decembro), e demais normativa de desenvolvemento.

