Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación dos servizos de difusión de campañas de protección e promoción da saúde e información ao cidadán (AB-CON1-14-007).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 29.4.2014.

d) Número de expediente: AB-CON1-14-007.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de difusión de campañas de protección e promoción da saúde e información ao cidadán.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79341000-6.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios (sobre B)

– Estratexia, target e avaliación de medios

Ata 40 puntos

– Sistema de seguimento e control

Ata 10 puntos

Criterios (sobre C)

– Prezo para inserción de anuncios en TV, prensa, radio e prensa en liña

Ata 45 puntos

– Comisión da axencia

Ata 5 puntos

4. Valor estimado do contrato: 2.892.600 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.607.000 euros.Importe total: 1.944.470 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe da licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo T, subgrupo 1 e categoría d.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 29.4.2014.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, si procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal:15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 24.3.2014.

12. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos