Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16549

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 26 de marzo de 2014 polo que se convoca proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico/a I, baixo a modalidade contractual de proxectos específicos de investigación científica e técnica para o desenvolvemento de actuacións de I+D+i dirixidas á conservación e mellora dos recursos xenéticos forestais (submedida 323.2.3. do Plan marco de conservación e mellora do patrimonio rural 2007-2013).

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa páxina web

http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para contratación dun/dunha técnico/a I, baixo a modalidade contractual de proxectos específicos de investigación científica e técnica para o desenvolvemento de actuacións de I+D+i dirixidas á conservación e mellora dos recursos xenéticos forestais (submedida 323.2.3. do Plan marco de conservación e mellora do patrimonio rural 2007-2013).

O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria