Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lourenzá (expediente IN407A 2014/6-2, 8143 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Construcciones Isidro Otero, S.L.

Domicilio social: Valiñadares, 8, Mondoñedo, Lugo.

Denominación: centro de seccionamento e LMT subterránea.

Situación: concello de Lourenzá.

Características técnicas:

• Paso aéreo a subterráneo con orixe no apoio existente tipo C-3000-12 e final no centro de seccionamento proxectado, cunha lonxitude de 20 m en condutor tipo RHZ1-240 mm2.

• Centro de seccionamento no lugar de Santo Adrao de Lourenzá-A Valiña-Lourenzá, en edificio prefabricado tipo CMS, no cal se instalan unha cela de liña e unha cela de protección con fusibles.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de marzo de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas