Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino).

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentaron os novos estatutos da Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino), nos cales se recollen as modificacións aprobadas no VI Congreso celebrado en Santiago de Compostela o 26 de outubro de 2013, así como a certificación acreditativa dos ditos aspectos.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social