Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Asunción Chao García.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol tramítase o recurso 46/2014 (procedemento abreviado), interposto por María Asunción Chao García fronte á Resolución do 9 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (DOG núm. 198, do 16 de outubro) e fronte á Resolución do 11 de decembro de 2013, da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se desestima o recurso de reposición interposto fronte á resolución citada anteriormente.

A recorrente non está conforme coa puntuación outorgada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos