Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 16985

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2014 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por tipo de destinatario para o exercicio 2014 das axudas do Igape ao Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Mediante Resolución do 20 de maio de 2013 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOG nº 107, do 6 de xuño de 2013) e procedeuse á súa convocatoria para o exercicio 2013, en réxime de concorrencia competitiva, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Na dita resolución, no seu punto cuarto, establécese a súa dotación orzamentaria, así como que o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Mediante Resolución do 17 de decembro de 2013 ampliouse o crédito para que puidesen ser atendidas todas as solicitudes (DOG nº 242, do 19 de decembro).

Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas e tratando de dar resposta á ampla demanda de axuda, parece oportuno redistribuír os créditos orzamentarios segundo os destinatarios das axudas establecidas nestas bases.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Redistribúense os créditos orzamentarios por tipo de destinatario para as axudas do Igape ao Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOG nº 107, de 6 de xuño de 2013), que quedan establecidos da seguinte forma:

Partida orzamentaria

Orzamento 2014

08.A1.741A.770.2 (empresas)

3.582.788,28

08.A1.741A.781.2 (entidades sen ánimo de lucro)

267.770,78

Total

3.850.559,06

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica