Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17362

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai a realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol y Calidad Alimentaria S.L.U, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

3. Data:

Os días 10, 24 e 31 de maio de 2014.

4. Lugar de realización:

Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés.

Polígono do Salnés Sete Pías, parcela 101, Edificio Multiusos.

36630 Cambados (Pontevedra).

5. Número de prazas:

30 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/o manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 10.5.2014

8.00-15.00 h

Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación.

Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación.

Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas.

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Exercicios prácticos: fichas de datos de seguridade.

Día 24.5.2014

8.00-15.00 h

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Uso adecuado dos medios de protección persoal.

Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións.

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas.

Día 31.5.2014

8.00-15.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas.

Pragas de interese en saúde pública.

Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos.

Test de avaliación.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

Datas: os días 10, 24 e 31 de maio de 2014.

Lugar de realización do curso:

Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés.

Polígono do Salnés Sete Pías, parcela 101, Edificio Multiusos.

36630 Cambados (Pontevedra).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 8.00 ás 15.00 horas.

Nº de prazas: 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Biocontrol y Calidad Alimentaria S.L.U, avda. Primo de Rivera, nº 4, 2º, local 6-7, 15006 A Coruña. Tel.: 981 24 54 18, fax: 981 16 81 59, correo electrónico: comercial@biocontrolbcl.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude:

Empresa:

CIF:

Enderezo:

Localidade:

Telf.: Fax:

Correo electrónico:

Apelidos:

Nome:

NIF: