Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17495

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (675/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento ordinario 675/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Neira Corral contra a empresa Ciudad Muralla, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Decreto.

Secretario xudicial Rafael González Alió.

Lugo, 19 de marzo de 2014

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante o Decreto do 31.7.2013, sinalouse para a realización do acto de xuízo nas presentes actuacións o día 6.10.2014 ás 10.45 horas, para o que foron citadas as partes.

Segundo. O día 6.10.2014 é festa local na cidade de Lugo.

Fundamentos de dereito.

Único. Sendo festa local na cidade de Lugo o próximo día 6.10.2014, procede a suspensión do acto de xuízo e efectuar un novo sinalamento.

Parte dispositiva.

Que debía emendar e emendaba o Decreto do 31.7.2013, no sentido de que o acto de xuízo terá lugar o día 10.10.2014 ás 10.45 horas, e non o día 6.10.2014, por ser festa local na cidade de Lugo, manténdose o decreto no resto dos pronunciamentos.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación ante o secretario xudicial que dita esta resolución, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación e citación á empresa Ciudad Muralla, S.L., expídese este edicto.

Lugo, 19 de marzo de 2014

O secretario xudicial