Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17570

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de exposición pública sobre explotación gandeira de leite en Bosende (Santa María de Arzúa).

Por instancia de Rebeca Susana Míguez Peñín tramitouse expediente sobre solicitude de licenza de actividade para explotación gandeira de leite, cuxas instalacións se localizan sobre a parcela número 787 do polígono 514, sita no lugar de Bosende, na parroquia de Santa María de Arzúa, de conformidade coas prescricións contidas no proxecto e anexos redactados polo enxeñeiro técnico agrícola, colexiado número 1049, Javier López López.

Para os efectos previstos no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a exposición pública, por un período de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da última inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, período durante o cal todas aquelas persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente, nas oficinas xerais da casa do concello, das 9.00 ás 14.30 horas, e, de ser o caso, formular as alegacións que xulguen procedentes.

Arzúa, 7 de marzo de 2014

José Luis García López
Alcalde