Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17573

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

ANUNCIO de información pública sobre taller de pirotecnia en Areas (Adragonte).

Nicolás Castro Pérez, en representación de Pirotecnia Rocha-Areas, S.L., solicitou licenza municipal para legalización de obra e licenza de actividade de taller de pirotecnia en Areas-Adragonte (Paderne).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, que establece: «O expediente será sometido polo Concello ao trámite de información pública por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello. A apertura do trámite de información pública notificaráselles persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos á localización proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno».

Paderne, 25 de marzo de 2014

César Longo Queijo
Alcalde presidente