Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 31 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica o inicio da procedencia do reintegro de axuda ao programa de incentivos á contratación de persoas traballadoras, regulada na Orde do 4 de maio de 2010, relativa ao expediente TR348B 2010/1-0.

Con data do 24 de marzo de 2014, o director xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar ditou resolución pola que se acorda a procedencia do reintegro de axuda concedida á empresa Xarodelia, S.L., con número de expediente TR348B 2010/1-0.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta Dirección Xeral de Promoción do Emprego, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contecioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sitas na rúa San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Nº de expediente: TR348B 2010/1-0.

Beneficiaria: Xarodelia, S.L.

CIF: B70210604.

Último enderezo coñecido: r/ Real, 35, 2º, 15003 A Coruña.

Procedemento: incentivos á contratación de persoas traballadoras.

Data da resolución de concesión: 10 de agosto de 2010.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: punto 1 da base sétima do anexo B da citada Orde do 4 de maio de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación de persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (DOG nº 86, do 7 de maio).

Contía da subvención percibida: 6.000 euros.

Contido da resolución: procedencia do reintegro da axuda.