Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17660

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (242/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 242/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Nieto Nieto contra a empresa Escayolas Gasamans, S.L., sobre despedimento, se ditou auto e decreto en data 14 de outubro de 2013 e 22 de outubro de 2013 respectivamente, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María Pilar Nieto Nieto, fronte a Escayolas Gasamans, S.L., parte executada, por importe de 20.160,26 euros en concepto de principal, máis outros 2.016,03 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta en Banco Español de Crédito, conta nº 00301846420005001274, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase incluír, tras a conta referida, separados por un espazo o código “30 Social-Reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os seus organismos autónomos.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo: acumular esta execución número 242/2013 á seguida nesta oficina xudicial co número 240/2013.

Lévese testemuño deste acordo á execución correspondente e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación. Mediante recurso de revisión, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Escayolas Gasamans, S.L., expido este edicto

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014

A secretaria xudicial