Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17638

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (254/2012)

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 254/2012 PM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 12/2011 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Lucía Martínez Alonso.

Avogada: María Mercedes Fernández Pereira.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Topforesto Ingeniería, S.L.

Secretaría: Asunción Barrio Calle.

Cédula de notificación.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social del Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 254/2012 desta sección, seguido por instancia de Lucía Martínez Alonso contra a empresa Topforesto Ingeniería, S.L. sobre outros dereitos da Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Lucía Martínez Alonso contra a sentenza ditada o 23.9.2011 polo Xulgado do Social número 4 de Vigo en autos número 12/2011 sobre diferenzas de prestación contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Topforesto Ingeniería, S.L. resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Topforesto Ingeniería, S.L., con último domicilio coñecido en Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de marzo de 2014

A secretaria xudicial