Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17618

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser (2ª edición).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, de 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser (2ª edición) que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser
(2ª edición)

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

0

Optativas

36

Prácticas externas

12

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Aplicacións Biomédicas dos Láseres: Fundamentos Físicos

6

Optativo

Optativas I

Óptica Coherente

6

Optativo

Física dos Láseres

6

Optativo

Aplicacións Ambientais dos Láseres

6

Optativo

Sensores Láser: Fundamentos e Aplicacións

6

Optativo

Óptica Cuántica

6

Optativo

Laboratorio de Fundamentos do Láser

6

Optativo

Aplicacións Metrolóxicas dos Láseres

6

Optativo

Optativas II

Comunicacións Ópticas

6

Optativo

Aplicacións Industriais dos Láseres

6

Optativo

Laboratorio de Fotónica

6

Optativo

Métodos Computacionais

6

Optativo

Prácticas en empresa

12

Optativo

Prácticas en empresas

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser (2ª edición), o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.