A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Traballo e Benestar, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 3 de abril de 2014, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación, agás para os postos que se modifican no centro de destino «Escola Infantil Santa Susana», que entrará en vigor o día 28 de abril de 2014.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 3 de abril de 2014, relativo a aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2014
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Na relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, prodúcense as seguintes modificacións:
Persoal funcionario
AMORTIZACIÓNS:
– Na vixente relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, suprímense os seguintes postos de traballo de persoal funcionario:
CÓDIGO DO POSTO |
DENOMINACIÓN DO POSTO |
GRUPO |
NIVEL/CATEG. |
TR.C02.00.000.15770.007 |
POSTO BASE SUBGRUPO A1 |
A1 |
20 |
TR.C02.00.000.15770.501 |
POSTO BASE SUBGRUPO A1 |
A1 |
20 |
TR.C02.00.001.15770.060 |
XEFATURA SERVIZO DE COORDINACIÓN ADMINISTRATIVA |
A1-A2 |
28A |
TR.C02.00.003.15770.082 |
XEFATURA SECCIÓN SUPERVISIÓN DE PROXECTOS |
A1-A2 |
25 |
TR.C05.00.000.15770.002 |
POSTO BASE SUBGRUPO A1 |
A1 |
20 |
TR.C05.00.000.15770.015 |
POSTO BASE SUBGRUPO A1 |
A1 |
20 |
TR.C05.00.000.15770.058 |
AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A |
C2 |
12 |
TR.C99.10.201.15350.001 |
TÉCNICO/A CONCILIADOR/A |
A1 |
22 |
TR.C99.20.000.32001.041 |
INSTRUTOR/A FORMACIÓN OCUPACIONAL |
A2 |
24 |
TR.C99.40.101.15080.002 |
SUBDIRECTOR/A (Complexo Xuvenil As Mariñas) |
A1-A2-C1 Se é persoal laboral: grupo I (categorías 1, 4 e 27), grupo II (categorías 1, 4, 5, 6, 7, 8, 17 e 21) e grupo III (categorías 4 e 62). |
22 |