Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A.
Domicilio social: Agustín de Betancourt, 25, 4ª planta, 28042 Madrid.
Denominación: LMT e CT para planta de bombeo marxe esquerda río Miño.
Situación: Ourense.
Características técnicas:
LMT subterránea de 15 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2012/20 kV 3×(1×150 mm2), que discorre entre o centro de seccionamento existente (32CDY4) e o CT proxectado en caseta con cela de entrada, cela de protección e cela de medida para o transformador seco de 2000 kVA e R/T 20.000/690 V.
Orzamento: 70.531,00 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e/ou autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Ourense, 28 de febreiro de 2014
P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial