Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18049

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo de 2014 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 28 de febreiro de 2014).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
(2ª edición)

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

54

Optativas

0

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Teoría Política Contemporánea

3

Obrigatorio

Política, Democracia e Goberno: Novos Deseños institucionais para o Goberno das Sociedades Complexas

Retos da Gobernanza: Corrupción e Desafección Política

3

Obrigatorio

Análise Política: Institucións, Actores e Procesos

3

Obrigatorio

Temas Actuais na Política Internacional: Globalización e Procesos de Integración

3

Obrigatorio

Paradigmas do Cambio Institucional: do Neoinstitucionalismo á Gobernanza

3

Obrigatorio

Innovacción Administrativa e Modelos de Xestión de Servizos Públicos

3

Obrigatorio

A Dirección de Persoas como Eixo do Cambio nas Organizacións Públicas

3

Obrigatorio

Recursos para a Mellora da Dirección Pública I: Xestión de Organizacións e Persoas

Liderado Público. Xestión de Persoas e Equipos de Alto Rendemento

3

Obrigatorio

Políticas Públicas. Da Análise do Problema á Implementación

3

Obrigatorio

Auditoría e Avaliación Pública

3

Obrigatorio

Teoría e Técnicas de Negociación Sociopolítica: Xeración de Consenso e Confianza

3

Obrigatorio

Novos Deseños Estratéxicos no Contexto do Goberno Electrónico

3

Obrigatorio

Xestión de Coñecemento e Responsabilidade Social Corporativa

3

Obrigatorio

Valor Público, Administración Financeira e Orzamentaria

3

Obrigatorio

Proceso de Análise I: Técnicas Cualitativas

3

Obrigatorio

Recursos para a Mellora da Dirección Pública II: Competencias Instrumentais para a Xestión Pública

Proceso de Análise II: Técnicas Cuantitativas

3

Obrigatorio

Xestión da Información e Metodoloxía para a Elaboración de Resultados

3

Obrigatorio

Inglés Aplicado á Xestión Pública

3

Obrigatorio

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.