Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2014 pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Canido (Vigo).

O ente público Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Canido (Vigo), en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas e dispoñan para isto do prazo de 45 días, que se contarán a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A-6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, rúa Victor Said Armesto, nº 1 (plantas 1ª e 2ª), 36002 Pontevedra; onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará á disposición na páxina web www.portosdegalicia.com, na epígrafe de «Planificación portuaria».

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia