Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 26 de marzo de 2014, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dun establecemento.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a Resolución do 24 de febreiro de 2014, ditada no expediente de baixa do establecemento indicado no anexo, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Lugo, 26 de marzo de 2014

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: Taramundi Rural.

Signatura: TD.LU-94.

Titular: Taramundi Rural, S.L.

Enderezo: Conforto s/n.

Concello: A Pontenova.