Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18281

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (739/2004-0009).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto anuncio:

Neste procedemento de extensión de efectos 739/2004-0009, seguido por instancia de J. Javier García Yáñez, Carlos Rodríguez Chouza, Raúl Rivadulla Parcero, Luis García López, Juan José Romaus Carpente, José Antonio Chans Martínez, Alberto Souto Felgar, Manuel Gondar Charlon, Juan Marcos Cobelo Serantes, Miguel A. Rey López, Pablo Fraga Mijez, José Manuel Ruiz López, David Peralta Rivero, David Pascual Guitart, Óscar Abeledo Herba, Manuel Villanueva Torres e Juan Carlos Pérez Freire contra o Ministerio de Defensa, ditouse a resolución, o 1 de setembro de 2009, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Acorda que se desestima o incidente de extensión de efectos da sentenza firme ditada no recurso nº 739/2004 por esta sala; sen expresa condena en custas.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de súplica dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, ante este mesmo tribunal.

Acordárono e asinan os anotados á marxe.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de David Pascual Guitart, Óscar Abeledo Herba, Manuel Villanueva Torres e Raúl Rivadulla Parcero, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 31 de marzo de 2014

José Andrés Salgado Fernández
Secretario xudicial