Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18295

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1522/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1522/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuela Vidal Fernández contra a empresa Peletería Pepe Nieto, S.L., Peletería Senda, S.L., Carme Hombre Porto, José Nieto Puente, María de Carme Hombre Porto y José Nieto Puente, S.C., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Manuela Vidal Fernández contra Peletería Senda, S.L., Peletería Pepe Nieto, S.L., María del Carme Hombre Porto, José Nieto Puente e María de Carme Hombre Porto y José Nieto Puente, S.C., debo condenar e condeno as demandadas Peletería Senda, S.L. e Peletería Pepe Nieto, S.L. a que lle aboen solidariamente á demandante a suma de tres mil seiscentos vinte e sete euros con trinta e catro céntimos (3.627,34 €) en concepto de salarios, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto desa cantidade, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración, e debo absolver e absolvo os demandados María de Carme Hombre Porto y José Nieto Puente, S.C. e María del Carme Hombre Porto e José Nieto Puente das peticións deducidas na súa contra.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, haberá de aterse ao que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Nieto Puente y María Carmen Hombre Porto, S.C., e a Peletería Pepe Nieto, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2014

A secretaria xudicial