Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18298

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (612/2010).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 612/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ferreiros Figueira contra a empresa Panadería Batallán, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza cuxa resolución se xunta:

«Resolución

Estimo a demanda formulada por José Ferreiros Figueira fronte á empresa Panadería Batallán, S.L., con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 6.771,07 euros en concepto de salarios debidos cos xuros por demora do artigo 29.3 ET, todo iso coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa para o suposto de insolvencia.

Notifíquese a presente sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela non poderá interpoñerse recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado»

E para que sirva de notificación en legal forma a Panadería Batallán, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014

A secretaria xudicial