Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18362

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de servizos de actividades deportivas e de piscina de verán.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

4) Teléfono: 981 69 14 78.

5)Telefax: 981 69 17 86.

6) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante.www.concellooroso.com

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata dous (2) días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2014/007.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: actividades deportivas e de piscina de verán do concello de Oroso, dividido en dous (2) lotes.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

1) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

2) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo de execución:

Actividades deportivas: do 1 de xullo de 2014 ao 30 de xuño de 2016.

Servizo de piscina de verán: do 15 de maio de 2014 ao 14 de maio de 2016.

e) Admisión de prórroga: poderá ser prorrogable por anualidades ata un máximo total de tres anos (2+1), incluído o período inicial do contrato.

f) CPV (referencia de nomenclatura) 92600000 e 92610000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación:

Lote 1: actividades deportivas.

Importe neto: os prezos unitarios euros/hora/actividade de monitor, IVE excluído, segundo a clase ou categoría en que estea encadrada a actividade no anexo técnico:

1. Categoría A: 40 euros/hora/actividade de monitor, IVE excluído.

2. Categoría B: 30 euros/hora/actividade de monitor, IVE excluído.

O importe máximo de licitación do lote 1, para os dous anos de duración do contrato é de 57.160,00 euros máis 12.003,60 euros de IVE.

O importe máximo de licitación do lote 2 (prestación do servizo de piscina de verán), para os dous anos de duración do contrato, é de 51.000 euros máis 10.710 euros de IVE.

5. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 199.717,44 euros.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría).

Non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxase artigo 4 do prego.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 11 de abril de 2014

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde