Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18371

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO da contratación de vehículos para o parque móbil do Concello de Sanxenxo.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación da subministración da adquisición de vehículos para o parque móbil do Concello de Sanxenxo, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da subministración da adquisición de vehículos para o parque móbil do Concello de Sanxenxo.

2. Duración do contrato: duración máxima dun (1) mes.

3. Prezo de licitación: o orzamento máximo de licitación é de 83.388,43 €, sen incluír o imposto sobre o valor engadido. O IVE ascende a 17.511,57 € e o orzamento máximo de licitación co IVE é de 100.900,00 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado, que será das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que, se o prazo remata en festivo ou sábado, se ampliará ao día seguinte hábil que non sexa sábado.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados na cláusula 9ª dos pregos respectivos.

a) Prezo máis baixo: expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación, co IVE (100.900,00 €).Valorarase ata un máximo de oitenta e cinco (85) puntos.

b) Redución do prazo de entrega da totalidade dos vehículos: ata un máximo de quince (15) puntos. Expresarase nun número de días naturais de redución do prazo de entrega sobre o máximo (trinta días naturais) e computarase a razón dun (1) punto por día de redución.

7. Mesa de contratación: constituirase de acordo ao sinalado nas cláusulas 10ª e 11ª dos pregos respectivos.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Solvencias:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante declaración sobre o volume de negocios, no ámbito de actividades correspondentes ao obxecto do contrato, referido aos tres (3) últimos exercicios dispoñibles, por importe igual ou superior ao exixido no anuncio de licitación (100.900,00 € co IVE).

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante unha relación das principais subministracións de vehículos, en contía total igual ou superior a 250.000,00 €, sen incluír o IVE, efectuados durante os tres (3) anos anteriores a data de finalización do prazo de presentación de ofertas desta licitación e que incluirá importe, datas e o destinatario, público ou privado, deles. As subministracións acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. No caso de non achegar a documentación conforme o que se sinala neste parágrafo, non computará para acreditar a solvencia técnica.

10. Garantías: garantía definitiva do 5 % do importe total da adxudicación, excluído o IVE.

11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo - Sección de Contratación. Tel. 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es. Perfil de contratante.

Sanxenxo, 10 de abril de 2014

Salvador Durán Bermúdez
Alcalde accidental